Terra de asorei

Nai

Contemporáneo, elegante... toda unha homenaxe


Nai e Señora é un albariño novo. Elaborado con uva 100% albariña do Val do Salnés, onde destaca a súa elegancia, estrutura e salinidade, pola influencia do mar da Ría de Arousa. Ten unha boa evolución durante os tres primeiros anos de vida. Na súa etiqueta figura a silueta dunha muller cun traxe con motivos dos viñedos en tempos de primavera ou de outono antes da vendima. Unha muller ergueita coa súa coleta ao aire para representar o seu apoderamento, e cunha bolboreta que representa a súa liberdade.

12,00
Ver información    Comprar

Nai e Señora “sobre lías”

Facemos evolucionar o albariño Nai grazas ás lías, que lle dan un corpo e unha personalidade. Ese traballo das lías en depósito fai un albariño máis redondo e con notas máis complexas en nariz. A súa evolución en botella é moi interesante. Demostramos que a uva albariña do Val do Salnés enriquece as súas características co tempo, que está perfecta para beber no 2º ou 3º ano e que evoluciona ben co paso do tempo. Coa liberdade que simbolizamos co voo da bolboreta, atrevémonos a presentar o noso albariño Nai en vermello, para que descubra novas formas de gozar con este viño.

14,00
Ver información    Comprar

Colección Nai e Señora

Viño seleccionado polas súas características para a súa crianza. Previo paso por barrica de carballo (3 meses) para que gañe complexidade, dando lugar a un viño de garda que mantén a fidelidade ás características varietais da uva albariña do Val do Salnés. Con Colección Nai buscamos outras sensibilidades. A súa complexidade fai que evolucione dunha forma moi natural e elegante durante 5 anos. É un albariño de Colección cunha colleita limitada de 1.333 botellas, que saen todas numeradas. Permite unha cata máis ampla. Recomendamos a súa degustación con pausa ao redor dunha mesa, para dialogar do que supón a mestura da uva albariña coa madeira de carballo. Na súa elaboración aplicamos técnicas enolóxicas actuais en combinación coa tradición da barrica de carballo. Seguimos a pegada dos grandes albariños que facíamos nos nosas pequenas adegas familiares, cando o albariño non se comercializaba, pero se gardaba para as grandes celebracións da familia. Agora queremos que este viño salga da casa envolto en “panos de ouro” para gozar nunha celebración que vostede considere especial.

17,00
Ver información    Comprar

Brut Nai e Señora

Buscamos unha experiencia diferente, mesturando unha das mellores uvas do mundo, a uva albariña do Val do Salnés, cunha das mellores formas de elaborar un escumoso de calidade, o método champenoise. Froito desta mestura nace a elegante burbulla de Brut Nai, despois de estar a botella uns 12 a 15 meses en rima, facendo tranquilamente a súa segunda fermentación. É unha invitación para que descubran a complexidade que pode ter a uva albariña en nariz cun bo equilibrio de azucre e acidez en boca. Vestimos de gala este escumoso Nai para transmitir a elegancia das súas burbullas, para eses intres nos que un se sente en harmonía e goza de compartilo.

19,00
Ver información    Comprar