Albariño con crianza en lías de 6 meses, nariz complexo e con certa nota mineral. Entrada en boca envolvente onde destaca en retronasal o carácter varietal.
Descrición do viño
Facemos evolucionar o albariño Nai grazas ás lías, que lle dan un corpo e unha personalidade. Ese traballo das lías en depósito fai un albariño máis redondo e con notas máis complexas en nariz. A súa evolución en botella é moi interesante. Demostramos que a uva albariña do Val do Salnés enriquece as súas características co tempo, que está perfecta para beber no 2º ou 3º ano e que evoluciona ben co paso do tempo.
Coa liberdade que simbolizamos co voo da bolboreta, atrevémonos a presentar o noso albariño Nai en vermello, para que descubra novas formas de gozar con este viño.
Nota de cata
- Fase Visual
Limpo e brillante cunha cor amarela palleira con reflexos verde limón.
- Fase Olfativa
Nariz complexo onde destacan as notas de carácter varietal (froita cítrica, froita de óso, etc), herbas aromáticas e fondo mineral.
- Fase Gustativa
Entrada en boca envolvente, moi bo equilibro acidez-azucre e cun posgusto longo. En retronasal destacan as notas de carácter varietal da uva albariña.
Premios
Acio de Prata, Cata dos Viños de Galicia 2024