19,00€
O espadeiro é unha das uvas senlleiras de Galicia. Adegas Terra de Asorei aposta pola recuperación desta cepa tradicional do Val do Salnés. Cunha produción limitada de 2.533 botellas da colleita 2021 e cepas de mais de 50 anos en Cambados e Padrenda-Meaño.
É o viño tinto do país, “a sangue do corazón da nosa terra”, como dicía o poeta Ramón Cabanillas no seu poema de 1.917 “Diante dunha cunca de viño espadeiro”, que o identificaba como “viño Celta e propio da alma galega”.
Dende o século XVIII o espadeiro foi a variedade de referencia no Val do Salnés, gozaba de calidade e prestixio, e de gran sona e ascendencia no mundo campesiño, científico e gastronómico. Sen grandes cantidades, había mais espadeiro que albariño. Mais a partir de 1.960 entrou en decadencia pola súa baixa produción e dificultade no seu coidado e elaboración.
Dende Terra de Asorei mostramos o noso compromiso coa diversidade vitivinícola e lealdade á tradición recuperando un dos grandes viños galegos. É unha aposta pola modernización, aplicando os novos coñecementos e técnicas de vinificación do Século XXI, para elaborar un auténtico e elegante espadeiro.
Presenta unha cor vermella granate con ribete violáceo de capa media.
Ten unha alta intensidade destacando os froitos vermellos (Amorodo, frambuesa, mora) e lixeiras notas lácteas (Maloláctica) e avainilladas.
Entrada suave cunha acidez moi integrada co alcohol dando como resultado un viño armónico con longo postgusto, ten corpo e suavidade con un elegante recordo final.