Escumoso de Albariño elaborado co método champagnoise. Vibrante, fresco e con unha burbulla pequena e ben integrada.
Descrición do viño
O Brut Terra de Asorei é a explosión elegante das burbullas da uva albariña. Nel podemos recoñecer unha elaboración 100% con uva albariña do Val do Salnés das Rías Baixas e cun tempo de rima nas súas lías duns 18 meses. É a nosa brincadeira aposta dende Galicia por un escumoso de calidade, que segue o tradicional método champenoise. A calidade, o zume e acidez das primeiras uvas albariñas da colleita son a base deste brut que agarda ser descuberto.
Nota de cata
- Fase Visual
Presenta unha cor amárela palliza con destellos verdosos e cun desprendemento de carbónico continuo, cunha burbulla fina e persistente, formando un rosario uniforme.
- Fase Olfativa
Ten unha nariz xuvenil e expresiva, destacando as notas de bollería e biscoito, con boa intensidade. A medida que se vai abrindo saen de fondo herbas aromáticas e froita branca.
- Fase Gustativa
En boca ten a cantidade xusta de carbónico que xunto coa súa acidez o fai ser vivo, fresco e vibrante, deixando no seu final un excelente recordo. O azucre residual outórgalle redondez e equilibrio.
Premios
Medalla de Ouro, Guía de Viños de Galicia 2019, 2020, 2021 e 2022 (Luís Paadín)
Medalla de Ouro, Guía de Viños de Galicia 2020 (Luís Paadín)
Medalla de Ouro, Guía de Viños de Galicia 2019 (Luís Paadín)
Medalla de Prata, International Wine Challenge 2018