17,00€
As características da uva albariña do Val do Salnés da colleita 2021 permitiunos acadar ese equilibrio elegante e complexidade en boca, partindo dunha boa acidez, do traballo de battonage e do contacto coas súas lías durante 12 meses. Despois dun repouso en botella, sae ó mercado en xuño de 2023, 6.666 botellas numeradas.
O albariño Terra de Asorei Selección Privada simboliza a irmanda familiar da nosa adega, a súa tradición e innovación que nos vai permitir gozar dunha experiencia chea de matices organolépticos.
Con paciencia e dedicación, Lino Domínguez, Vicepresidente de Adegas Terra de Asorei, e Sofía Vilanova, Responsable de Enoloxía e Elaboración, coidan esta Selección Privada de Terra de Asorei.
Xosé Ramón Durán - Roque, Presidente de Adegas Terra de Asorei, foi a persoa que propuxo no Pleno do Consello Regulador Rías Baixas un novo concurso para honrar e poñer en valor a tradición dos albariños embotellados despois de 12 meses de elaboración, que permite evolucionar ó albariño en matices cos anos.
Cor amarela paxiza con tonalidade intensa e suaves cores dourados.
De intensidade alta, herbas aromáticas, balsámicos, froitas maduras de oso (albaricoque, níspero), con recordos de crianza sobre lías (suaves tostados, mazapán, bizcoito) e final salino.
En boca é fresco, graso, untuoso, con moito volume, cítricos maduros e notas cremosas, longo, equilibrado e mineral.