Albariño con crianza de 6 meses en lías, con moito corpo, untuoso, boa estrutura en boca, con retrogusto afroitado e de marcado carácter varietal.
Descrición do viño
Terra de Asorei elabórase con uva albariña 100% do Val do Salnés e durante 6 meses sobre as súas propias lías. Nos traballamos os viñedos coma o escultor traballa a pedra, talando con cinceladas de experiencia, ciencia, alma e humanidade para acadar arte feita viño: Terra de Asorei. Cambados, capital do Albariño, é terra de grandes escultores que levaron a pedra e a madeira galega a formar parte do diálogo universal da arte, coma nós queremos presentar a autenticidade do albariño Terra de Asorei para entrar en diálogo cos grandes viños do mundo.
Nota de cata
- Fase Visual
Terra de Asorei presenta unha fermosa cor amárela palliza con reflexos verdosos.
- Fase Olfativa
En nariz percíbense herbas aromáticas, eneldo, laurel, balsámico, cítricos (pomelo,limón), tropical (paraguaia), froita de oso e melocotón.
- Fase Gustativa
Fresco, graxo, un punto goloso, repiten as sensacións cítricas e de froita de oso.
Premios
92Guía Peñin 2022
90Guía Peñín 2019 e 2021
93Decanter 2021
Medalla de Ouro, Guía de Viños de Galicia 2019, 2020, 2021 e 2022 (Luís Paadín)
Medalla de Prata, Mundus Vini 2020 (Alemaña)
Medalla de Prata no CONCOURS MONDIAL BRUXELLES 2016 (Bélxica)
Medalla de Prata na Guia Internacional de Viños 2014 (España)
Medalla de Prata no CONCOURS MONDIAL BRUXELLES 2011 (Bélxica)