Sobre nósCoñécenos máis
Adega, Albariño, Auténtico, Arte Atlántica con Amor. “A” que evocan as familias do Val do Salnés de longa tradición adegueira e vinícola; que a principios do século XXI, uníronse nunha soa adega familiar.
O logo de Terra de Asorei é un poema simbólico, constituído por “A”
VAL DO SALNÉSA Nosa Adega
Adegas Terra de Asorei está equipada coa última innovación en tecnoloxía e conta cunha capacidade inicial de elaboración dunhas 400.000 botellas ó ano. Contamos con preto de 60 hectáreas de viñedos no Val do Salnés, na Denominación de Orixe Rías Baixas, en Galicia, sendo algunhas das cepas, centenarias e localizadas nun entorno máximo duns 15 minutos da adega.
Cultivamos os nosos viñedos, practicando unha viticultura sostible e respectuosa co medio ambiente, que significa controlar a Calidade do noso albariño dende a orixe: a terra, as cepas e as uvas, o seu coidado durante todo o ano, a súa vendima manual, a elaboración na nosa adega, ata a súa comercialización.
Todo este proceso está xestionado con un software especializado para a trazabilidade dende viñedo ata que as botellas saen da nosa adega, o cal nos permite diferenciar as nosas tres liñas de albariño: Terra de Asorei, Nai e 1953 Pazo Torrado.
Hoxe os nosos albariños están presentes dende EEUU, Xapón, Inglaterra, Holanda, Bélxica, Irlanda, Alemaña, Escocia, Noruega, Suecia, Mexico, ...
Asumindo novos protocolos de funcionamento empresarial.
Ofrecemos uns albariños con personalidade, auténticos e seguindo a tradición do Val do Salnés nas Rías Baixas, buscando a mellor Calidade.
Ademais do control de orixe e calidade do Consello Regulador Rías Baixas, garantimos a nosa vocación pola calidade someténdonos ó cumprimento das normas e garantías que supoñen estas certificacións:
Ademáis a adega tamén conta coas seguintes distincións de calidade en enoturismo:
Consulta a nosa Política de Calidade completa aquí.