Escumoso de Albariño elaborado co método champagnoise. Vibrante, fresco e con unha burbulla pequena e ben integrada.
Descrición do viño
As cualidades naturais e a riqueza aromática da uva albariña do Val do Salnés, lévanos a elaborar un Escumoso seguindo o método tradicional champenoise. Despois de que o noso enólogo traballase durante 10 anos en poñer a punto o seu proceso, presentamos o Brut 1953 Pazo Torrado. Comezando así unha nova xeira para o albariño en compañía doutras adegas do sector que tamén apostan por esta renovación que representa o vino albariño. En 1953 comezou a celebrarse o xantar e a festa do albariño en Cambados, dando lugar á venda e comercialización do albariño que ata aquela gardaban como ouro en pano nas pequenas adegas familiares do Val do Salnés. Cando en 2015 a irmandade adegueira comezou a elaborar en Adegas Terra de Asorei para celebralo, comezamos a seleccionar as primeiras uvas da colleita que son o viño base deste escumoso de albariño cuns 9 meses en rima.
Nota de cata
- Fase Visual
Presenta unha cor paxiza con reflexos dourados e de burbulla fina e persistente.
- Fase Olfativa
Escumoso que presenta unha boa intensidade en nariz, na que predominan notas a florais e de froitos secos.
- Fase Gustativa
Goza dun equilibrio en boca, resultando ser fresco e cunha burbulla ben integrada.
Premios
Medalla de Ouro, Guía de Viños de Galicia 2021 e 2022 (Luís Paadín)