Viño albariño criado en barrica de carballo buscando a complexidade e a integración da madeira coa froita tanto en nariz como na boca, a súa acidez compensada co alcohol apórtanlle en boca unha viveza e unha frescura que perdura no tempo. Edición limitada e numerada de 1.333 botellas.
Descrición do viño
Viño seleccionado polas súas características para a súa crianza. Previo paso por barrica de carballo (3 meses) para que gañe complexidade, dando lugar a un viño de garda que mantén a fidelidade ás características varietais da uva albariña do Val do Salnés. Con Colección Nai buscamos outras sensibilidades. A súa complexidade fai que evolucione dunha forma moi natural e elegante durante 5 anos. É un albariño de Colección cunha colleita limitada de 1.333 botellas, que saen todas numeradas. Permite unha cata máis ampla. Recomendamos a súa degustación con pausa ao redor dunha mesa, para dialogar do que supón a mestura da uva albariña coa madeira de carballo. Na súa elaboración aplicamos técnicas enolóxicas actuais en combinación coa tradición da barrica de carballo. Seguimos a pegada dos grandes albariños que facíamos nos nosas pequenas adegas familiares, cando o albariño non se comercializaba, pero se gardaba para as grandes celebracións da familia. Agora queremos que este viño salga da casa envolto en “panos de ouro” para gozar nunha celebración que vostede considere especial.
Nota de cata
- Fase Visual
Brillante, limpo e de cor amarelo palleiro.
- Fase Olfativa
Intensidade media alta onde destacan as notas de froitas cítricas maduras, marmelo e flores brancas.
- Fase Gustativa
Entrada en boca fresca, envolvente e redonda. Cun posgusto longo.
Premios
Acio de Prata, Cata dos Viños de Galicia 2024