Sobre nós

Coñece a nosa historia


Somos unha adega familiar de Galicia con 60 hectáreas de viñedos de albariño no Val do Salnés, nas Rías Baixas. Cultivamos uva albariña con experiencia, ciencia e humanidade.

Somos unha pequena adega familiar que apostamos pola calidade, sostenibilidade e internacionalización. Temos capacidade para elaborar 400.000 botellas de albariño. Buscamos o recoñecemento internacional. Hoxe, os albariños de Adegas Terra de Asorei xa están en máis de 20 países.

O logo de Terra de Asorei é un poema simbólico, constituído pola “A” que evoca as familias do Val do Salnés cunha longa tradición adegueira e vinícola, que se remonta ó ano 1953, cando comezou a celebrarse a Festa do Albariño en Cambados.

As “A” que simbolizan a afouteza da nosa irmandade adegueira:
Adega, Albariño, Auténtico, Arte Atlántica con Amor.

Arte Atlántica

Os nosos viños

Variedade e Calidade


Terra de Asorei

Terra de Asorei elabórase con uva albariña 100% do Val do Salnés e durante 6 meses sobre as súas propias lías.
Nos traballamos os viñedos coma o escultor traballa a pedra, talando con ciceladas de experiencia, ciencia, alma e humanidade para acadar arte feita viño: Terra de Asorei.
Cambados, capital do Albariño, é terra de grandes escultores que levaron a pedra e a madeira galega a formar parte do diálogo universal da arte, coma nós queremos presentar a autenticidade do albariño Terra de Asorei para entrar en diálogo cos grandes viños do mundo.
Ver viños
Nai é un Albariño elegante, sutil, mineral, fresco, con postgusto longo e persistente, fiel á uva albariña 100% do Val do Salnés.
Nai e señora é o nosa homenaxe ás mulleres do século XXI, independentes e con poder. Cando os poetas e artistas galegos de principios do século XX dicían “Nai e señora”, pretendían render homenaxe ás mulleres, traballadoras e garantes da independencia familiar e da sociedade galega e á súa terra: Galicia.
Nai dispón tamén do formato pequeno, de 37,50 cl.
Ver viños

Pazo Torrado

Pazo Torrado é uva albariña 100%. Elaborado en adega de acordo cos métodos tradicionais do Val do Salnés, nas Rías Baixas. Pazo Torrado é o noso Albariño de toda a vida: afroitado, saboroso e agradable ao padal.
Pazo é o nome galego que reciben as grandes casas. O Pazo de Torrado foi construído na segunda metade do século XVII e reconvertido nos primeiros anos do século XXI mantendo vivos a súa estrutura e os seus característicos xardíns. Está situado en Cambados, onde tódolos veráns dende o ano 1953 outorgase un galardón ós mellores albariños.
Queremos render homenaxe aos amantes deste viño, viticultores e adegueiros que dende a Festa do Albariño, levaron este viño galego ao mundo e o senten no corazón.
Ver viños