• Pazo Torrado

Pazo Torrado

Pazo Torrado é uva albariña 100%. Elaborado en adega de acordo cos métodos tradicionais do Val do Salnés, nas Rías Baixas.

Pazo é o nome galego que reciben as casas señoriais. O Pazo de Torrado foi construído na segunda metade do século XVII e reconvertido nos primeiros anos do século XXI mantendo vivos a súa estrutura e os seus característicos xardíns. Está situado en Cambados, onde tódolos veráns dende o ano 1953 outorgase un galardón ós mellores albariños. Queremos render homenaxe a aqueles que dende a Festa do Albariño, levaron este viño galego ao mundo.

Pazo Torrado é o noso Albariño de toda a vida: afroitado, saboroso e agradable ao padal.

 

NOTA DE CATA

FASE VISUAL

Á vista presenta unha preciosa cor amérela palliza-lemón con destellos verdosos, limpo e brillante.

FASE OLFATIVA

Destacan os aromas afroitados, (onde predomina a mazá verde) cítricos e florais, cunha intensidade media-alta. É un viño fresco, vivo e fragante.

FASE GUSTATIVA

Nesta fase Pazo Torrado destaca pola súa untuosidade e pola súa xusta acidez perfectamente ensamblada co alcohol. En retronasal vólvenos a recordar a mazá verde da fase olfativa. Ten bastante corpo e é moi persistente ao final da boca.

FICHA TÉCNICA

Tipo de viño: Viño branco xoven

Variedades: 100% Albariño

D.O.: Rías Baixas (Galicia)

Subzona: Val do Salnés

Vinificación: PAZO TORRADO prodúcese con uvas 100% Albariño coidadosamente vendimadas en caixas de 20kg tras os veráns secos e calorosos da rexión, cando as uvas alcanzan o seu punto perfecto de maduración. A vendima se despalilla e se estrulla para pasalo á prensa pneumática; despois o mosto se destina a un depósito a decantar durante un día, ao cabo deste tempo se separa a parte limpa con destino á fermentación en depósitos de aceiro inoxidable (18ºC) e os fangos se pasan polos filtros de baleiro. Posteriormente o viño se trasega para separalo das lías. O seguinte proceso é a estabilización por frío, sometendo o viño a -5ºC nun depósito isotérmico durante unha semana para precipitar por bitartratos. Ao cabo desa semana o viño se saca do frío filtrando por terras para posteriormente proceder ao filtrado amicróbico e ao embotellado.

PREMIOS

  • Medalla de Prata na Guia Internacional de Viños 2014
  • Medalla de prata no CONCOURS MONDIAL BRUXELLES 2014 (Bélxica)
  • 88 Puntos Guía Peñín 2014
  • 89 Puntos no Wine Spectator 2014 (USA)
  • Medalla de Prata BACCHUSS 2013 (España)

Alcohol 12,5 % Acidez Total 6,5 g/l ph 3,50 Azucre Residual 6,2 g/l

Feader
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural