• Nai

Nai

Nai é o noso viño homenaxe á orixe do albariño e ás mulleres do século XXI, un viño fiel á uva albariña que ademais incorpora os gustos dos novos padais.

Cando os poetas e artistas galegos de principios do século XX dicían “Nai e señora”, pretendían render homenaxe ás mulleres, traballadoras e garantes da independencia familiar e da sociedade galega, e á súa terra: a Galicia.

Nai é un Albariño elegante, sutil, mineral, fresco, con postgusto longo e persistente que xurde a partir de uva 100% albariña do Val do Salnés.

 

NOTA DE CATA

FASE VISUAL

Presenta unha fermosa cora amárela palliza con tonalidades verdosas. Limpo e brillante.

FASE OLFATIVA

De intensidade media-alta. Aprécianse herbas aromáticas, menta, cítricos, tropicais(lichies), pera de auga , mazá.

FASE GUSTATIVA

Boa  acidez, redondo, graxo, con moita froita.

FICHA TÉCNICA

Tipo de viño: Viño branco xove

Variedades: 100% Albariño

D.O.: Rías Baixas (Galicia)

Subzona: Val do Salnés

Vinificación: NAI  prodúcese con uvas 100% Albariño coidadosamente vendimadas en caixas de 20 kg tras os veráns secos e calorosos da rexión, cando as uvas alcanzan o seu punto perfecto de maduración. Fermentación a 16ºC durante 21 días en tanques de aceiro inoxidable.

PREMIOS

  • Medalla de Prata, Baco 2018
  • 90 puntos Colleita 2016, Decanter
  • 90 puntos Colleita 2016, Guía Peñín
  • Medalla de Prata, Baco 2018
  • Medalla de Ouro no Concours Mondial Bruxelles 2016 (Bélxica)
  • Medalla de Prata na Guía Internacional de Viños 2014
  • 90 puntos na Guía Peñín 2014
  • 92 puntos na Guía Repsol 2014
  • Medalla de Prata en Bacchus 2013
  • Medalla de Prata en Bacchus 2012

 Alcol 12,5 % Acidez Total 7,4 g/l ph 3,30 Azucre Residual 2,3 g/l

Feader
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural